Publicador de contidos

Contido coa etiqueta lei do litoral .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta lei do litoral .

Lei Do Litoral


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego (TVG).

O Executivo galego rexeita a proposta do Goberno do Estado sobre os traspasos da xestión do litoral

14/10/2024 12:35

Segundo o Consello, a proposta de transferencia limita a capacidade de Galicia para dar concesións e mantén inxerencias estatais


O borrador do Goberno sobre a xestión do litoral "non cumpre expectativas" da Xunta

09/10/2024 14:40

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, di que a proposta do Executivo central “está carente de algo fundamental como é o número de persoas que nos teñen que trasladar” nin os bens materiais necesarios para asumir esas competencias

Vázquez di ademais que hai grandes diferenzas entre a proposta recibida pola Xunta e a que se fixo a outras autonomías


Rueda avanza medidas sobre vivenda e rebaixa de impostos nos orzamentos de 2025

07/10/2024 15:00

O presidente da Xunta comparece este martes no Parlamento para explicar as principais liñas das contas galegas para o próximo ano


O Goberno activará a vindeira semana a transferencia da xestión do litoral a Galicia

04/10/2024 10:59

O Ministerio confirmoulle ao presidente da Xunta que enviará o borrador do documento que servirá de base para concretar a transferencia

Rueda trasladou a súa esperanza de que o Goberno "canto antes" dote Galicia dos recursos necesarios para "exercer ese dereito", avalado por Tribunal Constitucional


Ánxeles Vázquez: "A partir do 1 de xaneiro emitiremos os informes que nos corresponden na xestión do litoral"

16/09/2024 10:54

A conselleira de Medio Ambiente denuncia a pasividade do Goberno central no traspaso das competencias recoñecidas na lei do litoral

Critica o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro por se posicionar en contra do proxecto de Altri


A Xunta urxe o Goberno central aos traspasos necesarios para a xestión do litoral

12/08/2024 14:25

A conselleira Ánxeles Vázquez defende a Loxilga, a lei de costas, como ferramenta fundamental nas políticas da Xunta fronte ao cambio climático

Incidiu en Santander no liderado asumido por Galicia na xestión do litoral


A Xunta pídelle ao Goberno que non lle faga "perder máis tempo" coa xestión do litoral

27/07/2024 13:29

Ánxeles Vázquez reclama as competencias que teñen que ver con temas "ambientais, sociais e económicos na franxa da costa"


Isabel Concheiro: "O Estado podería tomar nota da experiencia da Lei do Litoral vista a sentenza do Constitucional"

18/05/2024 10:58

A directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desevolvemento Lexislativo da Xunta recoméndalle ao Estado apostar pola lealdade institucional 

A transferecia da AP-9 e da xestión dos Fondos Next Generation depende da "vontade política"


A Xunta pide ao Goberno negociar a transferencia de medios que permitan aplicar a lei do litoral

13/05/2024 12:06

O Executivo galego acordou solicitar a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para que se pacte o traspaso de medios materiais e se poidan facer efectivas as competencias


A Xunta reclamará por escrito o traspaso da xestión do litoral se o Goberno central non executa o fallo do Constitucional

02/05/2024 09:26

O Goberno galego porá en marcha o Foro do Litoral e unha Comisión de Coordinación do Litoral, "para ir avanzando mentres non hai un traspaso efectivo", explicou a conselleira de Medio Ambiente

Sobre Altri: "Non se vai instalar nada no territorio que non cumpra a lei"

Vázquez cre que "algo non está funcionando ben" pola disparidade de criterio dos tribunais sobre os parques eólicos


A Confederación de Empresarios urxe a axilizar a entrada en vigor da lei galega do litoral

30/04/2024 14:46

A comisión mar-industria pide agora poñer a atención na modificación das normativas estatais sobre costas

Etiquetas:  LEI DO LITORAL

A Xunta fixa un calendario para desenvolver a lei do litoral e esixe medios ao Goberno

29/04/2024 16:49

O Executivo galego aposta por "impulsar de inmediato" a súa aplicación tras o aval do Constitucional

Galicia é a primeira comunidade autónoma en regular por lei "a xestión de toda a súa franxa costeira, incluído tamén o mar territorial"


O redactor da lei de costas di que o Estado debe pór medios para a xestión do litoral

28/04/2024 14:03

Javier Sanz Lurruga asegura que a norma non vai rebaixar a protección ambiental do litoral galego


Alfonso Villares: "Queremos que o desenvolvemento da lei do litoral sexa fluído"

28/04/2024 12:06

O conselleiro do Mar cualifica de "respiro" o aval do Constitucional á lei galega do litoral 

Urxe ao Goberno central a aprobar a declaración de zona catastrófica para os bancos marisqueiros da Coruña e de Pontevedra

Admite futuros cambios de persoas na súa consellería pero non na estrutura 


O PPdeG celebra que o Constitucional ratificara a Lei do litoral da Xunta

27/04/2024 14:06

Paula Prado pídelle ao Goberno central máis persoal e recursos para xestionar a costa galega



O Tribunal Constitucional avala a lei galega de litoral

23/04/2024 15:18

O TC tomou a decisión por unanimidade e só rexeita dous dos 72 preceptos da norma

A sentenza inclúe un voto dunha maxistrada que advirte dos riscos ambientais a longo prazo

Alfonso Rueda: "Galicia poderá exercer o seu dereito a odenar a súa costa"


A Xunta ve "moi precipitada" a decisión do TC de suspender artigos da lei do litoral

01/03/2024 14:19

Sectores empresariais galegos reclaman un pacto entre o Goberno do Estado e a Xunta para darlle seguridade xurídica 


O TC mantén suspendidas parcialmente dúas leis da Xunta sobre o litoral

29/02/2024 17:33

O pleno decidiu conservar a suspensión de varios preceptos como lle solicitara o Goberno de Pedro Sánchez o pasado 11 de outubro


O sector do mar esíxelle ao Goberno que retire o recurso á lei do litoral

18/11/2023 16:01

O conselleiro do Mar di que "tachar de inconstitucional" a lei do litoral "é un insulto aos galegos"

Alfonso Villares considera que Galicia recibe un trato discriminatorio respecto a Euskadi

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  LEI DO LITORAL

A Xunta mantén que a lei galega do litoral garante o futuro e respecta o medio

11/11/2023 14:52

O conselleiro do Mar considera que o recurso ante o Tribunal Constitucional é unha falta de respecto á cidadanía

Mantén que supón un impedimento para desenvolver proxectos sostibles e respectuosos co medio


Diego Calvo foi entrevistado no informativo 'Bos días'

Calvo: "Sánchez vai esgotar calquera recurso antes de enfrontarse a novas eleccións"

08/11/2023 09:51

O vicepresidente primeira da Xunta manifestou que "a mellor solución que temos a día de hoxe enriba da mesa dende logo é preguntarlles aos cidadáns se realmente están a favor desta amnistía e desta condonación da débeda a Cataluña"

Sobre o Bono Deporte afirmou que espera que a aplicación estea dispoñible en xaneiro para empregar eses 120 euros


A Xunta ve no recurso á lei do litoral unha mostra da "desigualdade" de trato con Galicia

07/11/2023 11:11

O Constitucional suspende os artigos da Lei do litoral de Galicia recorridos polo Goberno

Alfonso Rueda denuncia que "cousas tremendas que teñen que ver coa amnistía, a autodeterminación, con indultos a persoas mesmo acusadas de terrorismo" para o Goberno central caben na Constitución pero non lexislar sobre o litoral galego


O Constitucional suspende os artigos da Lei do litoral de Galicia recorridos polo Goberno

06/11/2023 13:04

O pleno do TC admite a trámite o recurso de inconstitucionalidade e deixa sen efecto os artigos impugnados ata que resolva a reclamación do Executivo central

O Goberno reclama á Xunta "buscar solucións e volver ao diálogo" 


O sector mar-industria galego esixe ao Goberno "reconsiderar a súa decisión" sobre a lei galega do litoral

28/10/2023 14:28

A Xunta ve que é "un recurso político" e que a anticonstitucional no contexto actual "é un desprezo" á intelixencia dos galegos 

O Goberno defende que a única concesión rexeitada de costas en Galicia foi da Xunta


O sector do mar, preocupado pola suspensión de varios artigos que afectan as edificacións do litoral

25/10/2023 14:31

No litoral galego hai centos de edificacións e empresas instaladas na costa e nas súas proximidades afectadas por esta decisión


O sector da industria do mar busca solucións tras a suspensión da lei galega do litoral

20/10/2023 14:34

Piden coñecer o ditame do Consello de Ministros que pon en dúbida a constitucionalidade da normativa galega


Paula Prado foi entrevistada no informativo 'Bos días'

Prado: "A Xunta aproba medidas para mellorar a vida da xente e a oposición está inmersa en problemas internos"

18/10/2023 09:28

Sobre a posibilidade dun adianto electoral en Galicia, a secretaria xeral do PPdeG dixo que "a única persoa que sabe cando vai ser ese adianto electoral é o presidente da Xunta"

En canto á lei do litoral, Prado manifestou que "nós o que estamos pelexando é por vivendas de moita xente, centros de saúde, centros escolares..."


Villares: "A Xunta defenderá as súas competencias para preservar a lei do litoral"

14/10/2023 14:47

O conselleiro do Mar critica que a decisión do Goberno central de recorrer contra a lei deixa "o sector sumido na incerteza"

Lembra que o Observatorio Galego do Litoral avala que a lei se axusta á Constitución


Ángeles Vázquez e Alfonso Villares (d), durante a xuntanza con representantes do Observatorio del Litoral de Galicia. (EFE/Cabalar)

A Xunta reclama o informe do recurso do Goberno contra a lei do litoral

13/10/2023 12:35

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, pediron ao Goberno central "respecto e claridade"


O Goberno recorre ante o Tribunal Constitucional a Lei galega do litoral

10/10/2023 11:53

O Goberno entende que a norma impulsada pola Xunta e aprobada polo Parlamento Galego invade competencias exclusivas da Administración central e recolle algunhas que o Estatuto de Autonomía de Galicia non contempla

Desde a Administración galega sosteñen que o Goberno "busca a confrontación" coa Xunta, xa que presenta o recurso sen convocar antes a Comisión Bilateral Estado-Galicia "para limar diferenzas"


A Xunta defende que a Lei do litoral achegará seguridade xurídica ao sector mar-industria

01/09/2023 14:32

Os resposables autonómicos de Mar e Medio Ambiente visitaron algunhas das instalacións do porto de Tragove que desataron o litixio do Goberno central


Alfonso Rueda defende a Lei do Litoral aprobada pola Xunta de Galicia

10/07/2023 16:21

O presidente galego di que a lei dá seguridade a empresas que xeran 9.000 millóns de euros ao ano 

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  LEI DO LITORAL

A lei do litoral, lista para a súa aprobación antes do 23X entre críticas da oposición

04/07/2023 07:59

A nova lei permitirá, entre outras cuestións, regularizar edificacións e instalacións xa existentes na franxa costeira

A Xunta pide apoio para o que considera unha "lei de país"

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  LEI DO LITORAL

Aprobada a lei do litoral co voto a favor de PPdeG e a abstención da oposición

04/07/2023 07:40

Os populares defenden que Galicia asume as competencias plenas para xestionar o litoral, algo que negan tanto nacionalistas como socialistas

O Goberno central alegou contra este texto por considerar que invade as súas competencias


O peche que ameaza o único criadeiro de ostra plana de Galicia situado no Grove non é o único caso en Galicia

30/06/2023 14:05

A normativa de Costas do Goberno central afecta a máis de 200 empresas, 59 lonxas e outras instalacións 

Desde a cadea mar-industria piden frear a inseguridade xurídica en que se encontran as empresas


Ángeles Vázquez sobre a Lei do litoral: "Queremos ordenar 1,6 millóns de hectáreas"

26/06/2023 14:09

"A primeira lei a nivel do Estado, e sería galega, para xestionar, ordenar e regular a costa"


Rexeitada a proposta do BNG para o traspaso da xestión do litoral a Galicia

13/06/2023 08:04

O PPdeG rexeitou a iniciativa do BNG ao considerar que é algo que xa se inclúe no proxecto de ordenación costeira aprobado pola Xunta

Os nacionalsitas ven o traspaso necesario para que a costa galega "non se goberne desde un despacho de Madrid"

O PSdeG apoiou os nacionalistas porque cren que é o proceso con "maior seguridade xurídica"


O BNG presenta unha proposta de lei para que Galicia teña a xestión total da costa

07/06/2023 16:06

A proposta será levada pola líder do BNG, Ana Pontón, ao Parlamento no pleno do martes

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  BNG   LEI DO LITORAL
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 45 resultados.